Aberto o prazo de matrícula para o “Achégate ao Sur” 2015

Categorias: Achégate ao Sur,Cursos,EVENTOS

…ferramentas para interpretar algúns acontecimientos sociais e pistas para un modelo de vida sostenible

Para todos aqueles que non queren permanecer indiferentes á realidade do mundo actual, un ano máis, Impórtanos organiza coa Universidade de Vigo o obradoiro “Achégate ao Sur”, dirixido a todas aquelas persoas que desexan ter un coñecemento máis amplo das relacións de desigualdade entre Norte e Sur; analizar as causas da pobreza; coñecer propostas de cambio; potenciar o encontro intercultural e adquirir unha visión crítica da nosa realidade social.

 

O obradoiro ten unha duración de 20 horas (computables para créditos ECTS pola Universidade de Vigo) distribuídas en 5 sesións todos os xoves dende o 29 de outubro ata o 26 de novembro de 2015 (días 29 out, 5, 12 19 e 26 nov) sempre en horario de 16 a 20h.

A matrícula é gratuíta e podedes inscribirvos xa, na plataforma Bubela da Universidade de Vigo.

A que esperas?

 

Descarga o programa Inscríbete

Deixa unha resposta