A Universidade de Vigo acolle a exposición “Tras a marca”

Etiquetas:

Categorias: EVENTOS,Exposicións

g3No marco da campaña Impórtanos e con motivo da celebración do Día Europeo do Comercio Xusto, a Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais acolle, do 11 ao 22 de maio no centro comercial da Cidade Universitaria, a exposición “Tras a marca” co obxectivo de sensibilizar á comunidade universitaria no consumo responsable.

A exposición, forma parte da campaña CRECE de Oxfam que busca axudar a que todas as persoas teñan suficientes alimentos, nun mundo no que se desperdicia un terzo dos alimentos, no que hai en torno a 1400 millóns de persoas con g2sobrepeso e onde 900 millóns de persoas se deitan cada noite con fame.

Hoxe en día, en todo o mundo, unha de cada oito persoas vaise con fame á cama. Desgraciadamente, a maioría destas persoas son agricultores ou traballadores agrícolas que abastecen a ese sistema alimentario que lles ignora. Non obstante, hai suficiente comida para todo o mundo. É unha vergoña, pero podemos ser a xeración que remate con esta loucura.

Aínda que o sistema alimentario é complexo e os seus problemas son pluridimensionais, as principais empresas de alimentación e bebidas exercen unha grande influencia, polo que a exposición trata de dar a coñecer as políticas de abastecemento agrícola das principais empresas de alimentación e invitar aos consumidores a exercer presión para que estas firmas se involucren co que sucede nas súas cadeas de subministro.

Máis info na web da UVigo Web da campaña de Oxfam Intermón

 

Deixa unha resposta