A Universidade de Vigo Achégase ao Sur

Etiquetas:

Categorias: Achégate ao Sur,Centros participantes,Cursos,EVENTOS,NOVAS DE INTERESE,XENTE CON PEGADA

O Vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel Fernández, inaugurou onte o primeiro obradoiro organizado dende a campaña Impórtanos! en colaboración coa UVigo titulado “Achégate ao Sur“.

O obradoiro, de 15 horas de duración (computables como créditos ECTS), vai dirixido a todas aquelas persoas que están interesadas en achegarse á análise das causas da pobreza; que desexan ter un coñecemento máis amplo das relacións de desigualdade entre Norte e Sur; coñecer as propostas de cambio; potenciar o encontro intercultural; e adquirir unha visión crítica da nosa realidade social. A todos aqueles que non queren permanecer indiferentes á realidade do mundo actual.

 

Nesta primeira sesión, Germán Vargas, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, fixo reflexionar colectivamente aos asistentes sobre as claves que constrúen o noso punto de vista, partindo da idea de que a nosa visión e a nosa conciencia da realidade son un conxunto de claves interpretativas que condicionan a nosa idea de “como son as cousas”, “como é o mundo”.

Dun xeito dinámico e participativo, os asistentes comezaron un camiño para profundar no compromiso e un espazo de encontro no que intercambiar e reflexionar xuntos…

O obradoiro continuará os días 13, 22 e 27 de novembro e o 4 de decembro de 2013, na aula 33 da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo, rúa Torrecedeira nº 105.

 

moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo…

Deixa unha resposta