A Tropa de Trapo no CEIP Escultor Acuña

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,EVENTOS,NOVAS DE INTERESE,Teatro,XENTE CON PEGADA

As nenas e nenos do CEIP Escultor Acuña coñeceron onte a Antía e Wamba.

Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque.

Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir.

O seu encontro e as súas historias serviron para que todos eles, xuntos, puidesen achegarse a África e comprender que a amizade e a solidariedade non poden ensinarse… senón practicándoas.

E como non pode ser doutro xeito, non faltou a intérprete de lingua de signos para que a festa fose completa.

Deixa unha resposta