A obra Pobreza 0,0 chega á Parroquia do Cristo da Victoria

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,EVENTOS,XENTE CON PEGADA

A través dun programa de radio, con distintos gags de por medio e coa colaboración do público… Así chegou a obra “Pobreza 0,0” á parroquia do Cristo da Victoria.

Toques de humor e mensaxes para a mobilización e a participación cidadá. Temas como o comercio xusto e responsable (sobre todo), a especulación financeira, a deslixitimación da política da mala praxis dos políticos, desigualdades e pobreza, os medios de comunicación. crítica ao ocio vinculado ao consumo… nada quedou non tinteiro.

A obra, creada para a semana da loita contra a pobreza, puido finalmente representarse este sábado 2 de febreiro apoiando as actividades da parroquia do Cristo da Victoria co gallo do Día Internacional para a Paz e a Non Violencia, achegando deste xeito a campaña Impórtanos! aos nenos, nenas e adultos que participaron na xornada.

Deixa unha resposta