A exposición Somos Migrantes chega a Vigo

Etiquetas: ,

Categorias: EVENTOS,Exposicións,NOVAS DE INTERESE

A exposición “Somos Migrantes” na Casa das Artes xa está en Vigo!

 

Unha exposición para achegarnos ás historias de vida de esas persoas que cada ano intentan cruzar as fronteira e que moitas veces quedan ocultas e aparecen como unha realidade descontextualizada, sen desvelar a realidade da que veñen as persoas nin a vinculación coas causas económicas e políticas que motivaron os seus proxectos migratorios…

Fronteiras que marcan, xeograficamente e no imaxinario, a fronteira da desigualdade, separando países e rexións enormemente asimétricas.

 

Logo do éxito da inauguración do pasado luns 2 de maio, hoxe tivemos a primeira visita guiada dun grupo da clase de español para extranxeiros da Escola Oficial de Idiomas, que se puideron comprobar como contemplar o mundo desde as fronteiras de México e Estados Unidos, de Expaña e Marrocos e a fronteira do Mediterráneo ponnos diante dos límites dun sistema global que xera exclusión e vulnera a dignidade de millóns de persoas e trasládanos o desafío da construción dun novo sistema de gobernanza mundial, no que exista un réxime migratorio global baseado na dignidade humana.

 

Tendes ata o 27 de maio para visitala e para traer ao voso grupo (só para maiores de 12 anos).

Animádevos!

 

Deixa unha resposta