A escolla dun conto vai determinar os contidos e valores que desexemos achegar aos nenos e nenas.

As actividades que podemos facer na aula, os xogos, os pequenos obradoiros, pequenos traballos de investigación, materiais, obxectos para manipular, etc. dependerán tamén do conto escollido.

Se non coñecemos moitos, podemos botar mán dalgunha colección ou guía de lectura como as seguintes:

Coleccións Kalandraka Orella pendella Guías de lectura Kirico Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

Xa na sesión, Bea Campos comezou polos exercicios de relaxación, desinhibición, quecemento vocal e activación corporal que nos facilitan a tarefa de contar contos.


Logo chegou o momento de contar. De contar coa voz, co rostro, coas mans, co ritmo… e mesmo facendo voces para cada personaxe.

As máis atrevidas contánronnolo seu conto, mirade:

 

Deixa un comentario