A campaña Impórtanos do Concello de Vigo convida ás familias viguesas ao teatro con valores.

Categorias: NOVAS DE INTERESE,Teatro

O Concello de Vigo a través da súa campaña de sensibilización Impórtanos brinda ás familias viguesas a oportunidade de ver o espectáculo da Tropa de Trapo na sala Artika o próximo 26 de Decembro ás 12:00.

A obra de teatro Catro Monos tivo unha gran acollida este mes de Novembro onde máis de 1.100 escolares da cidade puideron gozar da música e escenografía ademais dunha obra con mensaxe.

Poderanse solicitar as invitacións a través deste formulario e retirar nos despachos de billetes da Sala Artika a partir das 11:20 do propio día 26 de Decembro. Solicitamos a toda persoa que teña invitacións confirmadas que, en caso, de non poder cancele asistencia escribindo un email a importanos@gmail.com xa que o aforo é limitado a 150 persoas. Para cubrir as prazas a posibles cancelacións crearemos unha lista de espera. A idade recomendada para esta obra é a partir de 7 anos.

SINOPSE 

Hai moitos anos, no Lonxano Oriente, naceu un símbolo que viña do poder para reprimir ao pobo : os Tres Monos Sabios. Un mono non oía o que pasaba ao seu redor. Outro non quería ver o que tiña diante. E o último calaba a boca para non dicir todo o que pensaba.

Nós dámoslle a volta. Os nosos monos van escoitar, ver e falar. Van pensar, van actuar… e van ser catro!

Catro monos, catro historias. 

A auténtica historia do lagarto da saia da Carolina, que non era un, senón dous… e non se levaban moi ben.  O conto do monstro da Amazonía que destruía a selva e aterrorizaba aos demais animais. 

A historia de catro mulleres que vivían nunha aldea e que conseguiron evitar que lles roubaran o seu peixe cantando e regueifando. E a tola historia dun mono que quixo pintar as nubes cun “spray” para que non houbese máis tormentas… e, sen querer, cambiou a vida do resto dos monos.

Catro contos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para rir, para reflexionar, para cantar e para soñar con outro mundo posible.

Teatro:Catro Monos

Organiza:Concello de Vigo a través da Campaña Impórtanos

Lugar:Sala Artika Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, PO

Data: 26 de Decembro

Hora:12:00

Entrada:De balde solicitando a través deste formulario

3 respostas a "A campaña Impórtanos do Concello de Vigo convida ás familias viguesas ao teatro con valores."

  1. David garcia Posted on 24 Decembro, 2019 at 14:11

    Gracias

  2. Sandra gonzalez Posted on 25 Decembro, 2019 at 21:34

    A mi no se me confirmaron las entradas eso quiere decir que no las tengo ??

    • IMPORTANOS Posted on 25 Decembro, 2019 at 21:56

      ola Sandra, Enviamos 2 emails ao teu email. Igual están en Spam?

Deixa unha resposta