1100 nenas e nenos de Vigo escoitaron, veron e falaron para crear un mundo mellor

Categorias: NOVAS DE INTERESE,Primaria,Teatro

Máis de un millar de rapazas e rapaces pasaron polo auditorio do Concello de Vigo os días 19, 20 e 21 de Novembro para ver o espectáculo da Tropa de Trapo “Catro Monos”. Os centros: Ceip Virxe do Rocío, Colexio Alba, Ceip Ramón y Cajal, Ceip a Doblada, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Altamar, CEIP Cabral, CEIP Lope de Vega, CEIP García Barbón, CEIP Ría de Vigo, CEIP Sárdoma Moledo, CEIP Sobreira Valadares, e Colexio Martín Codax, desfrutaron dunha obra que nos fai reflexionar das cosas importantes da vida.

Hai moitos anos, no Lonxano Oriente, naceu un símbolo que viña do poder para reprimir ao pobo : os Tres Monos Sabios. Un mono non oía o que pasaba ao seu redor. Outro non quería ver o que tiña diante. E o último calaba a boca para non dicir todo o que pensaba.

Nós dámoslle a volta. Os nosos monos van escoitar, ver e falar. Van pensar, van actuar… e van ser catro!

Catro monos, catro historias. 

A auténtica historia do lagarto da saia da Carolina, que non era un, senón dous… e non se levaban moi ben. 

O conto do monstro da Amazonía que destruía a selva e aterrorizaba aos demais animais. 

A historia de catro mulleres que vivían nunha aldea e que conseguiron evitar que lles roubaran o seu peixe cantando e regueifando.

E a tola historia dun mono que quixo pintar as nubes cun “spray” para que non houbese máis tormentas… e, sen querer, cambiou a vida do resto dos monos.

Catro contos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para rir, para reflexionar, para cantar e para soñar con outro mundo posible.

Deixa unha resposta