Preto de pechar a campaña por este ano, é xa momento de ir facendo memoria porque…

 

Máis de 1.000 escolares de Primaria foron ver Antía, Wamba e o ritmo do camiño, o novo espectáculo da Tropa de Trapo, que estivemos connosco os días 12 e 13 de novembro no Centro Cívico de Teis.

Antía e Wamba viñeron visitárnos coas súas historias alá por 2012 e 2013 (aquí tes as súas visitas aos centros de Vigo), facéndonos comprender que a amizade e a solidariedade non poden ensinarse… senón practicándoas. Todo fiado coa voz de Wamba e un refrán de súa avoa : o río énchese de regatos pequenos.

Pasaron os anos e agora Antía está en África traballando coma cooperante, mentres Wamba segue en Europa intentando gañarse a vida. Sen embargo, os dous seguen en contacto, falando a través da rede e nesta ocasión é Antía a que, no medio do seu choque cultural, descubrindo África co seu ritmo, a súa alegría e os seus conflitos cóntanos historias para rir, para bailar e cantar, para xogar…, pero tamén para sentir e pensar.

Historias que, coma sempre, axúdannos a revisar a nosa mirada ao mundo, ás tradicións, aos obxectos cotiás… e fannos pensar como poden cambiar na medida que nós cambiemos a nosa formar de miralos, descubrindo outras realidades ás veces non tan alonxadas.

 

E logo, case 300 alumnas e alumnos de Secundaria viron Contos coas mans abertas, o día 14 de novembro no Centro Cívico de Teis.

Contos coas mans abertas” é un espectáculo da Tropa de Trapo, un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de realidade, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte.

Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el… e para desfrutalos tamén, como fixeron as mozas e mozos asistentes.

 

En definitiva trátase de actividades, ámbalas dúas, que ademais de entreter e divertir serven para achegar tanto aos docentes coma ao seu alumnado á solidariedade, ao Sur e ao mundo dende outra perspectiva, a perspectiva que da o comprender a interdependencia local-global, a corresponsabilidade e, en definitiva, a apostar pola sostibilidade.

Coma sempre a campaña Impórtanos! ven facer fincapé nas nosas pegadas nos demais, no medio ambiente, na cultura… desde a certeza de que os pequenos xestos poden marcar unha gran diferenza.

Como dicía Eduardo Galeano, “actuar sobre a realidade e cambiala, aínda que sexa un pouquiño, é o único xeito de probar que a realidade é transformable“.

1.300 mozas e mozas o viviron durante unha hora, que non é moito pero é un “pouquiño”. Agora lles toca á súas mestras e aos seus mestres continuar… Mentres, aquí tendes algunhas fotos:

Antía, Wamba e o ritmo do camiño

 

Contos coas mans abertas

2 respostas a "1.300 mozas e mozos sonche toda unha Tropa!"

  1. IMPORTANOS Posted on 5 Decembro, 2014 at 14:17

    Logo das representacións os asistentes levaron moitas ideas e sentimentos….
    Aquí vos deixamos algunhas das súas reflexións en forma de debuxos que fixeron as nenas e nenos de 4º de Primaria do Chans Bembrive despois de ir ver Antía e Wamba. Moi chulos!

    http://tictachans.blogspot.com.es/2014/12/antia-wamba-e-o-ritmo-do-camino.html

  2. IMPORTANOS Posted on 5 Decembro, 2014 at 14:32

    No Frian Teis tamén levaron o seu… qué ben!

    http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian/node/2364

Deixa una resposta a IMPORTANOS Cancelar a resposta